Apalpadora

65,00

A Apalpadora, é a filla do Apalpador e forma parte da tradición popular galega, documentada por antropólogos galegos. Segundo a lenda, recorre as aldeas durante o Nadal para comprobar que a cativada estea ben abrigada, deixando pequenas pegadas do seu paso.

As nosas bonecas están feitas unha a unha pola nosa Marisol: corpo de algodón, recheo de lá natural de ovella e cabelo tinguido por nós. A roupa combina retallos doados  por outras empresas como Manuel La Marca. Inclúe gorro, toquilla e calentadores calcetados a man, ademais de zamancas de Elena Ferro.

Cada peza é un xoguete único, pensado para xogar, decorar ou coleccionar, combinando a maxia da tradición coa artesanía galega.

Ademais, esta Pandigueira está inspirada no conto de Velaisca, dispoñible na nosa web A Apalpadora, do que tomamos elementos para darlle forma e personalidade a boneca.

Un xoguete que permite á cativada ver, tocar e sentir a riqueza da nosa cultura e da mitoloxía do Nadal galego.

Para completar a colección de personaxes do Nadal, tamén temos á venda o noso Pandigueiro, en unidades limitadas —só cinco exemplares dispoñibles— que podes descubrir aquí: Pandigueiro.

A Pandigueira, tamén coñecida como Apalpadora, é a filla do Apalpador e forma parte da tradición popular galega, documentada por antropólogos galegos. Segundo a lenda, recorre as aldeas durante o Nadal para comprobar que a cativada estea ben abrigada, deixando pequenas pegadas do seu paso.

GARANTÍA DE SEGURIDADE NO PAGO
  • Stripe
  • Tarxeta Visa
  • MasterCard
Referencia: 2101091-1-2 Categoría:

Descripción

A Apalpadora é a filla do Apalpador, un personaxe da tradición galega recollida por antropólogos galegos.

Esta peza está feita unha a unha no noso obradoiro: corpo de algodón, recheo de lá natural de ovella, cabelo tinguido naturalmente e roupa confeccionada con retallos doados.

Leva gorro, toquilla e calentadores calcetados a man, ademais de zamancas de Elena Ferro. Un obxecto único para traer calor e tradición ao Nadal.

5 unidades para este nadal! Non quedes sen a túa!

Características

  • Medidas : 40 cm de alto
  • Composición corpo: Algodón 100%, certificado OEKO-TEX®
  • Recheo: Lá natural de ovella 100%
  • Roupa: Retallos doados; gorro, toquilla e calentadores tricotados a man
  • Cabelo: Lá natural tinguida con elementos naturais.
  • Calzado: Zamancas de Elena Ferro
  • Inclúe: gorro e zocas
  • Idade recomendada: A partir dos 3 anos
  • Advertencias: Por mor de pezas pequenas, non apto para menores de 36 meses
  • Información sobre alérxenos: Contén lá de ovella 100% natural
  • Referencia: 2101041
  • Instruccións de lavado:

Embalaxe eco friendly

Recheo libre de poliéster

Algodón certificado OEX-TEX®

Feito a man

Reemprego de materiais

Comercio de proximidade

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver toda la información sobre cómo gestionamos la privacidad de nuestros usuarios aquí.