Preguntas frecuentes

Queres saber cales son as dúbidas máis habituais da nosa clientela? Aquí podes atopalalas, e de non ser así, ponte en contacto connosco.

A que lugares enviamos?

Enviamos a Península e as Illas Baleares

Cales son as nosas formas de pago?

As compras realizadas a través da nosa web son seguras: os teus datos persoais e bancarios quedan protexidos, sen seren accesibles a persoas non autorizadas en ningún momento do proceso.

As nosas formas de pago son:
Tarxeta de crédito Visa o Mastercard: Unha modalidade totalmente segura. Os teus datos bancarios quedan protexidos do acceso non autorizado durante a transmisión.

Pay Pal: Se es cliente habitual deste servizo, podes empregalo para facer ou teu pagamento. Se seleccionas esta opción, ten en conta que o enderezo de envío será o indicado no pedido (non o indicado en Pay Pal).

Transferencia bancaria: Facendo unha transferencia ao número de conta que se che mostra ao rematar o proceso de compra. Recorda facer constar o teu número de pedido e nome. Non se considerará efectivo o pedido ata que confirmemos o correspondente ingreso e, polo tanto, os prazos de entrega comezan a contar a partir desa data. Se logo de 7 días non recibimos a transferencia, o pedido quedará desestimado.

Cales son os gastos de envío?

Os gastos de envío son de 5 euros e gratuíto para compras superiores a 50 euros na Península. Para envíos a outra parte do mundo, escríbenos un correo a [email protected] e organizamos.

Cal é o prezo dos produtos?

Os prezos que se indican a través do Sitio WEB inclúen o IVA.

Cal é o tempo de entrega dos pedidos?

Mitolóxicas entrega os pedidos ao servizo de paquetería nun prazo máximo de 24 horas laborais. O tempo de entrega habitual en península será de 48 a 72 horas en días laborais. Para Baleares, 72 horas.

Onde está a confirmación do meu pedido?

En canto recibimos a orde do teu pedido, enviámosche confirmación ao correo electrónico que nos facilites. Recorda que as veces os correos poden agocharse no SPAM! Engádenos á túa lista de remitentes seguros para evitar problemas.

Como podo realizar un cambio ou unha devolución?

Dispós de 15 días naturais dende que recibes o pedido para devolvelo ou cambialo.

Os pasos a realizar son os seguintes:

  1. Mándanos un correo a [email protected] indicándonos que queres proceder ao cambio/devolución. Mandarémosche un formulario para que nolo reenvíes cumprimentado. Non aceptaremos ningún cambio ou devolución sen esta comunicación previa.
  2. Coloca o artigo ou artigos que queiras devolver na súa embalaxe orixinal. Protéxeo ben para que o produto non sufra danos.
  3. Envíao a:

    Miudiño S.Coop.Galega
    Camiño Pinguela, 2. 36315 Freixo, Valadares
    Vigo, Pontevedra
  4. Unha vez recibamos o paquete e revisemos que todo está ben, enviarémosche un correo electrónico de confirmación e che devolveremos o diñeiro de inmediato ou procederemos a efectuar o cambio por outro produto.
  5. Os gastos de envío da devolución correrán ao teu cargo, agás nos produtos devoltos ou cambiados por defectos de fabricación ou erro pola nosa parte. Non aceptaremos envíos a portes debidos.
Como podo solicitar a factura do meu pedido?

A nosa factura emítese sempre por defecto e chegará ao correo electrónico que facilites cando fagas a compra. Recorda que as veces os correos poden agocharse en SPAM, senón é así podes poñerte en contacto en [email protected].

Como podo estar ao día das vosas novas?

Podes facelo a través das nosas redes sociais (Enlaces a pé de páxina) e a través da nosa newsletter.

Cales son as medidas dos produtos?

Indícanse na pestana de atributos xunto a pestana da descrición. Se tes dúbidas podes contactar por correo electrónico a [email protected].

Como podo poñerme en contacto con vós?

Para calquera consulta sobre pedidos e produtos, contáctanos por correo electrónico a [email protected].

Como podo vender os vosos produtos na miña tenda?

Envíanos un correo electrónico a [email protected] e darémoste resposta o antes posible.

Como podo ver os vosos produtos?

En Feiras e nos nosos puntos de venda. Consulta nas nosas redes sociais!

Cales son as feiras nas que adoitamos estar?

O Culturgal é a nosa feira imprescindible, e o resto ímolas publicando nas redes sociais.