Termos e condicións
Pagamento seguro
As compras realizadas a través da nosa web son seguras: os teus datos persoais e bancarios quedan protexidos, sen seren accesibles a persoas non autorizadas en ningún momento do proceso.
Calquera problema, ponte en contacto connosco no enderezo electrónico: [email protected]
Formas de pagamento
- Tarxeta de crédito Visa o Mastercard: Unha modalidade totalmente segura. Os teus datos bancarios quedan protexidos do acceso non autorizado durante a transmisión.
- Pay Pal: Se es cliente habitual deste servizo, podes empregalo para facer ou teu pagamento. Se seleccionas esta opción, ten en conta que o enderezo de envío será o indicado no pedido (non o indicado en Pay Pal).
- Transferencia bancaria: Facendo unha transferencia ao número de conta que se che mostra ao rematar o proceso de compra. Recorda facer constar o teu número de pedido e nome. Non se considerará efectivo o pedido ata que confirmemos o correspondente ingreso e, polo tanto, os prazos de entrega comezan a contar a partir desa data. Se logo de 7 días non recibimos a transferencia, o pedido quedará desestimado.
Gastos de envío
Envío gratis a partir de 50€
Os envíos para a Península e Baleares son totalmente gratuitos en pedidos superiores a 50€.
Entregas na Península e Baleares* – 5€
*A través da páxina web non facemos envíos a outros destinos. Para isto, ponte en contacto connosco a través do correo electrónico: [email protected]
Prazos de entrega
Se temos os artigos en stock e a partir do momento da recepción do pago, o envío realízase por mensaxaría*, nun prazo de entrega de: 24-72 horas, en función do material e da cantidade solicitada.
Se realizas o pedido en festivo ou fin de semana, tramítase no seguinte día laborable.
Mitolóxicas non se responsabiliza do retraso que se poida ocasionar na entrega e os retrasos que puideran producirse non darán lugar a ningunha indemnización pola nosa parte.
*Agás os libros, que son enviados por correo postal.
Garantía
A garantía dos nosos produtos é de dous anos, estando limitada a defectos de fabricación e non de abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano que se puidera producir despois de entregada a mercadoría no lugar de destino.
Neste último caso, pasados os seis primeiros meses da compra, e quedando demostrado que foi un abuso, mal uso, uso indebido ou calquera outro dano posterior á compra, cobraremos a reparación, sendo o cliente quen correrá cos gastos de envío totais.
Devolucións
Dispós de 15 días naturais dende que recibes o pedido para devolvelo ou cambialo.
Os pasos a realizar son os seguintes:
- Mándanos un correo a [email protected] indicándonos que queres proceder ao cambio/devolución. Mandarémosche un formulario para que nolo reenvíes cumprimentado. Non aceptaremos ningún cambio ou devolución sen esta comunicación previa.
- Coloca o artigo ou artigos que queiras devolver na súa embalaxe orixinal. Protéxeo ben para que o produto non sufra danos.
- Envíao a:
Miudiño S.Coop.Galega
Camiño Pinguela, 2. 36315 Freixo, Valadares
Vigo, Pontevedra
- Unha vez recibamos o paquete e revisemos que todo está ben, enviarémosche un correo electrónico de confirmación e che devolveremos o diñeiro de inmediato ou procederemos a efectuar o cambio por outro produto.
- Os gastos de envío da devolución correrán ao teu cargo, agás nos produtos devoltos ou cambiados por defectos de fabricación ou erro pola nosa parte.
- Non aceptaremos envíos a portes debidos.