Sobre Mitolóxicas
Mitoloxía galega para soñar e xogar.
Bonecas artesanais. Contos orixinais.
A Nosa misión
Traballamos pola posta en valor e divulgación da mitoloxía galega, con produtos propios e colaboración externa con persoas e entidades apaixoadas coma nós, na procura de conseguir que a Moura, mouros, xacias, trasnos e outros moitos seres da mitoloxía galega volvan ser importantes no día a día das persoas e nos seus propios espazos vitais.
A nosa filosofía
Mitolóxicas é un pequeno proxecto con grandes alicerces nos que sustentarse.
- Somos economía social, asumindo os principios e valores que sustentan o cooperativismo.
- Somos artesás, empregando material natural, apostando pola reciclaxe e a economía circular
- Somos ecoloxistas, promovendo o coidado e recuperación dos espazos naturais que habitamos.
- Somos feministas, poñendo en valor o coñecemento e aceptación de nós mesmas, a igualdade, a inclusión e a diversidade.
- Somos educadoras, traballando polo respecto cara a infancia, os seus tempos e necesidades.
- Somos galegas, divulgando o patrimonio material e inmaterial que temos nesta terra.
A cooperación como forma de entender o mundo e xenerar sinerxias fermosas.
O noso equipo
Somos catro mulleres que facemos do traballo en equipo maxia pura para ir xestando un proxecto que vai medrando grazas á aprendizaxe continua e a posta en común das diversas sabedorías que cada unha de nós aportamos.
Marisol ten a capacidade de crear bonecas con personalidade propia, entendendo e dando vida aos seus desexos.
Judit ten a capacidade de idear, organizar, propoñer estudos e colaboracións que van aportando vitalidade ao proxecto.
Silvia ten a capacidade de facilitar a coordinación do día a día. Coa súa acción e dinamismo fai que o cotiá pareza doado.
Jovita ten a capacidade de aportar a súas reflexións antropolóxicas e altruístas, para facernos dubidar e cuestionar aspectos sutís que dotan de coherencia o proxecto.
Queres que vendamos os teus produtos?