Moura Vella
69,50€
A colección de Mouras son a nosa particular homenaxe á figura de Moura, sendo o ser máis importante dentro da mitoloxía galega. Son moitas as lendas, refráns, contos e espazos relacionados con ela, en calquera das súas tres facetas: doncela, raíña ou vella mais para nós tamén é unha oportunidade fermosa para falar dos ciclos da vida e da feminidade.
A Moura Vella aparece nas lendas gobernando ceo, terras e auga. Dominando o clima, peneirando o frío, formando fermosos arcos. Con ela, baixo a lúa nova, celebramos a vellez, o inverno, a chegada da escuridade, do recollimento e da morte.
4 dispoñibles
Descripción
Boneca: algodón 100%, certificado OEKO-TEX®
Roupa: algodón 100%, certificado GOTS
Cabelo e recheo de lá natural 100%.
Características
- Medidas da boneca: 43 cm de alto
- Idade recomendada: A partir dos 2 anos
- Referencia: 2101041
- Advertencias: Por mor do cabelo longo, este xoguete non é recomendable para menores de 18 meses.
- Información sobre alérxenos: Xoguete elaborado en lá de ovella 100% natural.
- Instruccións de lavado:
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade