Trubinco
55,01€
Os Trubincos forman parte da tradición invernal galega e foron recollidos e descritos por Rafael Quintía nas súas investigacións sobre mitoloxía popular. Segundo o saber popular, aparecen nas casas pola Noiteboa, entrando pola cheminea na busca do seu prezado agasallo, piñas cubertas de brea, necesarias para que o lume nos dea luz neste tempo de escuridade.
E que pasa se nada lle deixas? Que farán trasnadas ao seu paso: mover cousas de sitio, remexer caixóns, cambiar obxectos de lugar ou provocar pequenos ruídos misteriosos que anuncian a súa presenza.
Este Trubinco é unha peza totalmente artesanal, creada no noso obradoiro con corpo de algodón, recheo de lá natural de ovella e cabelo de lá tinguida con elementos naturais. O xersei está tricotado a man en lá natural, e a súa roupa nace de retallos doados, convertindo cada boneco nun exemplar único. Conta co Selo de Artesanía de Galicia, que certifica a súa orixe e o proceso coidadoso co que foi elaborado.
Se buscas unha versión máis pequena e pensada como adorno, tamén dispoñemos dos Trubincos de Namoreiras, que inclúen a súa tradicional galleta.
→ Aquí podes velos:
3 dispoñibles (pode reservarse)
Descripción
Feitos integramente a man e inspirados na tradición recollida por Rafael Quintía, os Trubincos son pequenos seres do Nadal galego que adoran facer trasnadas mentres a casa dorme.
Para mantelos tranquilos só hai un segredo: deixarlles á noite de nadal unhas piñas con brea.
Cada peza é 100 % artesanal e elaborada con materiais naturais, pensada para levar á túa casa unha chispa auténtica da nosa mitoloxía.
Características
- Medidas : 38 cm de alto
- Composición corpo: Algodón 100%, certificado OEKO-TEX®
- Recheo: Lá natural de ovella 100%
- Roupa: Xersei de lá natural tricotado a man; liño 100%; algodón 100%; retallos doados por outras empresas.
- Cabelo: Lá natural tinguida con elementos naturais
- Inclúe: gorro, zocas e bolsa
- Idade recomendada: A partir dos 3 anos
- Advertencias: Por mor de pezas pequenas, non apto para menores de 36 meses
- Información sobre alérxenos: Contén lá de ovella 100% natural
- Referencia: 2101093
- Instruccións de lavado:
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade













