Gamusino
16,50€
Biosbardos, cocerellos, gazafellos, cazarellos… son moitos os nomes que reciben estes pequenos e esquivos seres por Galiza adiante. Nas terras viguesas e do Val Miñor, sen saber se por influencia do castelán ou do portugués (gambozino) Gamusinos é como se lle chama a estes seres que só se poden ir cazar á noite, ben armados cunha boa saqueta e moita paciencia.
O Gamusino de Mitolóxicas éche un ser ben trangalleiro e orixinal, polo que nunca vai haber dous iguais! E cando chega á un novo fogar… sorpresas dará!
10 dispoñibles
Descripción
Recheo de lá natural. Nacen pola necesidade de aproveitamento das telas empregadas na cooperativa para xoguetes e elementos de patios, combinadas con retais doutras empresas de artesanía galega que nos ceden os restos da súa fabricación. Por isto todos os nosos gazafellos son diferentes!
Características
- Medidas da boneca: 16 cm
- Idade recomendada: 0-36 meses
- Referencia: 2101083
- Inclúe: Boneco e bolsiña de gardado.
- Advertencia: Nunca vas recibir un gazafello igual a outro, todos son diferentes.
- Información sobre alérxenos: Xoguete elaborado en lá de ovella 100% natural.
- Instruccións de lavado:
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade