Xanela dos contos

Rango de prezos: desde 95,00€ ata 100,00€

Butai para Kamishibai

Fermoso butai para kamishibai que evoca as xanelas antigas, fiestras que abrimos con ilusión e que nos permiten un vivir mil aventuras, coñecer persoas e lugares, soñar con todos os sentidos activos.

A nivel pedagóxico, apaixónanos como proposta, tanto para escolas coma para familias, como ferramenta para potenciar a afección pola lectura e a escritura xunto a creación artística. Pero ademais nos permite traballar aspectos variados como son o plurilingüismo, a igualdade, a diversidade ou a programación por competencias.

GARANTÍA DE SEGURIDADE NO PAGO
  • Stripe
  • Tarxeta Visa
  • MasterCard
Referencia: N/D Categoría:

Descripción

Kamishibai é unha técnica xaponesa para contar historias utilizando ilustracións, textos e voz mediante un teatriño de pequeno tamaño, o butai. Xurdiu en Xapón, durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX, cando a un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia, de tal xeito que a cativada estaba mais motivada a comprarlle lambetadas.

Información adicional

Tamaño

A3(460x340x65mm), A4(345x255x65mm)

Características

Presentámolo en dous tamaños: para folios en A3 “A Xanela dos contos” e A4 “A Xaneliña dos contos”

Medidas externas Xanela dos contos (para folios A3): 460x340x65mm
Medidas externas Xaneliña dos contos (para folios A4): 345x255x65mm

Embalaxe eco friendly

Recheo libre de poliéster

Algodón certificado OEX-TEX®

Feito a man

Reemprego de materiais

Comercio de proximidade

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver toda la información sobre cómo gestionamos la privacidad de nuestros usuarios aquí.