SIMBOLOXÍA MÁXICA EN GALICIA

33,10

Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos. Formas xeométricas interrelacionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos. Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evolucionando co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial. Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas.

1 dispoñibles

GARANTÍA DE SEGURIDADE NO PAGO
  • Stripe
  • Tarxeta Visa
  • MasterCard
Referencia: 9788499953298 Categoría:

Descripción

ESCRITO POR: Bieito Romero
INCLÚE: CD Luar na lubre
EDITADO POR: Baia Edicións SL
COLECCIÓN: Divulgación do patrimonio cultural
ANO: 2019

Características

ISBN: 9788499953298
TAMAÑO: 19x20cm
PÁXINAS: 248
ENCADERNACIÓN: Tapa branda
IDIOMA: Galego

Embalaxe eco friendly

Recheo libre de poliéster

Algodón certificado OEX-TEX®

Feito a man

Reemprego de materiais

Comercio de proximidade