O desencantamento
21,00€
Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”. Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?
A poética narrativa de Rafael Quintía xunto as fermosas ilustracións de Miguel Peralta, fan deste un libro único, unha marabilla para os sentidos de nenos, nenas, vellos e vellas que queiran gozar da reconexión coa tradición oral e a mitoloxía galega.
Libro en prevenda, aproveita o desconto previo á saída oficial! Podes recollelo no posto de Miudiño no Culturgal (Pontevedra, do 25-27 de novembro) ou enviarémoscho ao teu domicilio a partir do 28 de novembro!
Descripción
Dende a fermosura narrativa da tradición oral, a colección “Os contos da Moura” busca xerar un novo espazo para a posta en valor da nosa mitoloxía, dos contos e lendas repartidos por todo o territorio galego.
“O desencantamento” é ademais unha co- edición realizada entre Miudiño S.Coop Galega e Ab Origine SLL, colaborando exclusivamente con empresas da economía social de Galicia, mostrando que a través da cooperación podemos conseguir resultados orixinais e de alto valor engadido. Desta volta, acompañados por Cestola na Cachola, Catro Ventos e Gráficas Anduriña.
Características
Idea e coordinación editorial: Judit Santos
© dos textos: Rafael Quintía
© das ilustracións: Miguel Peralta, Cestola na Cachola S.Coop.Galega
© da edición: Miudiño S.Coop.Galega miudinho.gal
Coedita: Ab Origine SLL aborigine.es
Deseño, maquetación e corrección lingüística: Catro Ventos, S. Coop.Galega
Impreso na Galiza: Gráficas Anduriña S.Coop.Galega
Primeira edición: Vigo, novembro 2022
Tamaño: 22x22cm
Depo Legal: VG 532-2022
ISBN: 978-84-944758-5-6
Reservados todos os dereitos. Se desexas reproducir dalgún xeito o libro, ponte primeiro en contacto connosco!
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade