MITOGALI I
20,00€
Primeiro xogo de rol enteiramente galego. Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida dos nosos avós e avoas, seres aos que coñecemos grazas aos contos de vellos e vellas ao pé das lareiras, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.
Con idea de que isto non suceda é polo que Dornavela edicións navega entre a memoria do noso pobo para recuperar a estes seres mitolóxicos. Se queres coñecer a eses seres que comparten o territorio, a vida, a morte con nós, aquí podes atopalos.
Esgotado
Descripción
Contido: Xogo de rol con 30 cartas impresas: 25 cartas de personaxes e 5 comodíns. Dimensións: 17x10cm. 1 dado. 60 fichas marcador. Saquiño en tea tradicional
Número de persoas xogadoras: Entre 2-4
Ilustracións e texto: David Orihuela Conde
DORNAVELA EDICIÓNS
Características
Xogo de rol
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade