Kamishibai “O Desencantamento”
Rango de prezos: desde 17,00€ ata 20,00€
Kamishibai para Butai “O Desencantamento”
Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”. Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?
A nivel pedagóxico, apaixónanos como proposta, tanto para escolas coma para familias, como ferramenta para potenciar a afección pola lectura e a escritura xunto a creación artística. Pero ademais nos permite traballar aspectos variados como son o plurilingüismo, a igualdade, a diversidade ou a programación por competencias.
Descripción
Dende a fermosura narrativa da tradición oral, a colección “Os contos da Moura” busca xerar un novo espazo para a posta en valor da nosa mitoloxía, dos contos e lendas repartidos por todo o territorio galego.
“O desencantamento” é ademais unha co- edición realizada entre Miudiño S.Coop Galega e Ab Origine SLL, colaborando exclusivamente con empresas da economía social de Galicia, mostrando que a través da cooperación podemos conseguir resultados orixinais e de alto valor engadido. Desta volta, acompañados por Cestola na Cachola, e Catro Ventos.
Kamishibai é unha técnica xaponesa para contar historias utilizando ilustracións, textos e voz mediante un teatriño de pequeno tamaño, o butai. Xurdiu en Xapón, durante a crise económica de finais dos anos 20 do século XX, cando a un home que vendía doces en bicicleta ocorréuselle empregar un pequeno teatro de madeira no que, metendo e sacando láminas, contaba unha historia, de tal xeito que a cativada estaba mais motivada a comprarlle lambetadas.
Características
Presentámolo en dous tamaños: para folios en A3 e A4
Idea e coordinación editorial: Judit Santos
© dos textos: Rafael Quintía
© das ilustracións: Miguel Peralta, Cestola na Cachola S.Coop.Galega
© da edición: Miudiño S.Coop.Galega miudinho.gal
Coedita: Ab Origine SLL aborigine.es
Deseño, maquetación e corrección lingüística: Catro Ventos, S. Coop.Galega
Impreso na Galiza: Obradoiro Gráfico
Primeira edición: Vigo, novembro 2024
Tamaño variable : a3 e a4
Reservados todos os dereitos. Se desexas reproducir dalgún xeito o libro, ponte primeiro en contacto connosco!
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade









