Proceso de fabricación
Tradición, artesanía e innovación.
Estudo e deseño
A formación continuada é unha constante nas nosas vidas, e máis cando queremos dar vida a un novo ser. Estudamos a simboloxía, o significado, o seu ecosistema vital… Estudamos as cores, as características, o tamaño…
Facemos prototipos e ao final, el mesmo vai collendo forma, indicando cal é o camiño que quere percorrer.


Materiais
Traballamos coa natureza e o que ela nos ofrece, con material totalmente natural e libre de substancias sintéticas.
A lá, o algodón e o liño, xunto cos tintes naturais, as telas orgánicas e materiais de economía circular, son a nosa base de traballo.
Tinguido
O proceso de tinguido é feitizo, aprendizaxe, frustración e sorpresa, cun toque de meigas a remexer en grande pota. Auga, herbas, pos, follas, raíces e terras. Sol, chuvia, néboa e poalla. Risas e choros. O fluxo do tempo pasar, atención plena, presencia.
Tempo compartido con mulleres marabillosas. Parola, experimentación, satisfacción e maxia.


Confección
No pequeno obradoiro de Marisol, a súa experiencia, coñecemento e escoita activa van dando vida a novos seres que van reclamando de que cor queren vestir, como queren ir peiteados, que estilo de roupa queren vestir.
Nun diálogo incesante, van negociando a súa forma, o seu xeito, ata que saen á luz felices da súa nova existencia.
Traballamos artesanalmente, potenciando a naturalidade das materias primas empregadas e mostrando a súa esencia, a súa individualidade, con respecto aos ritmos e o ser de cada elemento.
Embalaxe eco friendly
Recheo libre de poliéster
Algodón certificado OEX-TEX®
Feito a man
Reemprego de materiais
Comercio de proximidade
Queres vender as nosas bonecas na túa tenda?